Estimados pais, poñémonos en contacto convosco, para informarvos de que se formou unha comisión de tres pais, para organizar a excursión de sexto dos vosos fillos.
Creouse un correo electrónico, para que mandedes todas as suxestións que teñades, así como calquera tipo de consulta ao respecto da excursión.
Para empezar a buscar presupostos, necesitamos saber cantos nenos estarían interesados en ir á excursión. Para o cal vos pedimos, que enchades a seguinte ficha cos datos que se solicitan, SE os vosos fillos nun principio teñen pensado ir á excursión.