PACO NOGUEIRAS PRESENTARÁ ESTE XOVES AS CANCIÓNS DO LIBRO-DISCO “BRINCA VAI!” NO ESPAZO LECTOR NOBEL DE PONTEVEDRA

Boas

Por se fose do voso interese

saúdos 

image004

PACO NOGUEIRAS PRESENTARÁ ESTE XOVES AS CANCIÓNS DO LIBRO-DISCO “BRINCA VAI!” NO ESPAZO LECTOR NOBEL DE PONTEVEDRA

 

O músico Paco Nogueiras presentará este xoves 25 de setembro, ás 18:30 horas, no Espazo Lector Nobel de Pontevedra (rúa Cobian Roffignac-esquina rúa do Rouco, 1), o seu primeiro traballo discográfico propio, titulado “Brinca Vai!” e editado por KALANDRAKA en formato libro-cd-dvd. Con ilustracións de David Pintor e vídeos musicais gravados por José Miguel Sagüillo, “Brinca Vai!” reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar. Neste concerto con entrada libre e de balde, Paco Nogueiras interpretará unha escolma deses temas, con música en directo.

Paco Nogueiras é o compositor e intérprete de todas as cancións de “Brinca Vai!”, nas que aborda materias incluídas no currículo escolar: a natureza, os xogos tradicionais, a importancia dos libros e da lingua galega, ou celebracións como o Magosto, o Samaín, o Nadal ou o Entroido. Destaca tamén polo amplo abano de estilos musicais contemporáneos que abrangue, dende o rock ao reggae, pasando polo techno e a música electrónica, con influencias tradicionais.

image002

Trátase dunha proposta lúdica e transgresora, que transmite bo humor, e que se complementa con imaxes cheas de colorido, expresividade e dinamismo. “Brinca Vai!” reúne lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión. Ademais, invita á participación do público a través da web www.brincavai.com, onde se recollen opinións dos lectores, vídeos elaborados nos centros de ensino a partir das cancións orixinais do libro-disco, ou fotos do público coa careta de chapeu e lentes deseñada en base ao personaxe de Paco Nogueiras.

Entre os vídeos musicais incluídos no dvd de “Brinca Vai!”, o da canción “Meu o mundo é!” -convertida nun himno a prol da utilización da lingua galego en todos os eidos da vida cotiá- está dispoñible tamén en Youtube. Dende a súa estrea coincidindo co Día das Letras Galegas, acadou preto das 6.500 reproducións.

image009

 

[ “Meu o mundo é!” en Yotube: “Brinca Vai!”: Meu o mundo é! ]

 

[ Adxúntase fragmento de AUDIO da canción “Rap do Magosto” en formato mp3 ]

 

MÁIS INFORMACIÓN DE “BRINCA VAI!” NA WEB DE KALANDRAKA

http://www.kalandraka.com/ga/coleccions/nome-coleccion/detalle-libro/ver/brinca-vai/

NA PÁXINA DE “BRINCA VAI!” EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/BrincaVai

E NA PÁXINA www.brincavai.com

image004

 

 

A %d blogueros les gusta esto: