Inscripción ao obradoiro “Ximkana Fotográfica Literaria”

Ola a tod@s.

O martes día 23 de setembro comeza o prazo de inscrición do obradoiro “Ximkana Fotográfica Literaria” que a biblioteca pública vai celebrar, os días 3 e 4 de outubro, a cargo de Tremendusska (Beatriz López Miragaya), para nen@s de 6 a 11 anos.

  • 3 e 4 de outubro, venres e sábado: Obradoiro “Ximkana fotofráfica literaria”, a cargo de Tremendusska (Beatriz López Miragaya).

Sinopse: Dar a coñecer aos participantes o entorno e a relación dalgúns escritores coa cidade de Pontevedra empregando a fotografía.

  • venres 3 outubro 
  • Fotografiar unha serie de recursos espallados pola cidade de Pontevedra, para o que formaremos dous equipos e proporcionaremos un mapa e unha serie de pistas. Os participantes terán que facer probas ou cumprir certos requisito que non desvelaremos ata o día da proba.
  • É indispensable que cada neno veña acompañado dun adulto, posto que sairemos á rúa para realizar as fotografías.
  • O sábado 4 outubro
  • O sábado no obradoiro escolleremos cos rapaces as mellores fotos e elaboraremos un álbum colaborativo co mapa e as fotos.
  • Este día os rapaces xa traballarán con nós na biblioteca, non é preciso o acompañamento dos adultos.

Requisitos tecnolóxicos:

  • Deben utilizarse cámaras dixitais, servirán as cámaras dos teléfonos, non é posible participar con cámaras analóxicas. Hai que ter en conta que non é un concurso fotográfico, polo que non é preciso dispor de cámaras de alta definición. O requisito de formato dixital tan so se pon para facilitar a descarga dos arquivos.
  • No momento da inscripción os participantes deberán indicar si levarán cámara propia ou si precisan que a organización lles preste unha.

Público destinatario: Nen@s de 6 a 11 anos

Lugar: Sala de obradoiros e rúas de Pontevedra

Hora: De 17:00 a 18:30 (venres) e de 12 a 13.30 (sábado) 

Con inscricións previa a partir do martes 23 de setembro no hall da entrada da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 21 h., por teléfono no 986 85 08 38, no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es , poñendo no asunto o nome da actividade ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos:  Nome e apelidos, telefono de contacto e nº de lector se xa es usuario da biblioteca

Entrada de balde

A %d blogueros les gusta esto: