Excursión fin de curso infantil e 1º de primaria

 

patos

 

Apreciadas familias organizamos a excursión de fin de curso para os nenos de 4º,5º ,6º de Infantil e 1º de primaria á granxa escola Serantellos sita a 3km de Cambados.
A excusión farase o sábado 7 de Xuño, sairemos do colexio sobre as 9.30 e saída da granxa cara a Pontevedra 17.30. No autobús os rapazes van con membros do ANPA e na granxa espérannos varios monitores.
Poderan ir tanto socios coma non socios do ANPA (aos socios se lles subencionará unha parte). Polo que:
• Sócios aboarán 10 €. Os que sexan varios irmáns aboarán 15 € por familia (tanto que participe nas de primaria coma nas de infantil).
• Non socios o custo será de 25,30€/neno. O prezo inclúe autobús, actividades na granxa, material, seguros de responsabilidade civil, equipo de monitores, almorzo de media mañá, comida e merenda. Posibilidade de menus especiais
*Este prezo está calculado para 50 nenos de variar avería que recalcular os prezos sendo notificado coa debida antelación
O pagamento realizarase mediante ingreso na conta do ANPA
NOVAGALICIABANCO 2080-5405-34-3040102691 indicando Nome do rapaz/a, CURSO (imprescindible) Despois deposite esta ficha cuberta na Caixa de correo do Anpa que está na entrada do colexio en fronte a Conserxaría ou os que vaian no autobús pódenllelo dar aos
profesores.
PRAZO PARA ANOTARSE ATA 10 MAIO 2014
Se alguén ten algún problema para realizar o ingreso, que se poña en contacto co ANPA no telefono 616 158 102 ou através do correo eletrónico
anpa.andaina@nontedurmas.org