Xornada portas abertas actividade de inglés e taekwondo

Dende a ANPA, queremos informarvos de que debido a petición de diferentes familias estamos considerando ampliar as actividades extraescolares ofertando as seguintes actividades de inglés e para ver a viabilidade das mesmas , ofertámosvos unha sesión de portas abertas para que os vosos fillos e fillas podan participar nelas e poidades valorar se vos interesa anotalos nalgunha delas. Se precisades máis información sobre estas actividades podedes consultar o Facebook do ANPA .

Xogando e cantando en Inglés 16:30 a 17:30 Martes 15 de Outubro Infantil e 1º 2º Primaria

Comunicación en Inglés 17:30 a 18:30 Martes 15 de Outubro 3º a 6º de Primaria

Aproveitando a circular tamén vos convidamos a unha sesión de portas abertas na actividade de Taekwon-do

TAEKWON-DO 16:30 a 17:30 Luns 14 de Outubro

A %d blogueros les gusta esto: