¡¡¡Actividad extraescolar de inglés no noso colexio!!!

ACTIVIDADES  EXTRAESCOLARES  CEIP XUNQUEIRA II 2013/14

XOGANDO E CANTANDO EN INGLÉS

INTRODUCIÓN

“Xogando e cantando en inglés” é unha actividade destinada a potenciar o uso do inglés e transformar esta lingua en algo cotián, que non supoña un esforzo para os máis pequenos.

A actividade basearase  no uso de xogos, medios audiovisuais, cancións, contos e  outras actividades didácticas ,realizarase  nun espazo no que os nenos poidan aprender xogando.

Ó tratarse dunha actividade pensada para adquirir e desenvolver habilidades sociais e comunicativas, utilizaremos o xogo como ferramenta fundamental.

OBXECTIVOS

Conseguir que tódolos nenos comecen a comunicarse  en inglés e que amplíen  o vocabulario.

  • Que os rapaces aprendan de modo natural estruturas correctas e usuais da lingua inglesa.
  • Desenvolver a capacidade auditiva necesaria para entender o inglés.

CONTIDOS

Saúdos e  presentacións

  • Cores e formas,
  • Números
  • Corpo humano e sentidos
  • Roupa
  • Familia, casa e colexio
  • Animais,
  • Comidas e bebidas
  • Días da semana e meses do ano
  • Introdución ó abecedario…

COMUNICACIÓN EN INGLÉS

INTRODUCIÓN

O “Taller lúdico de comunicación en inglés”  é  unha actividade fundamentalmente didáctica, afastada da seriedade das clases. Está destinada a potenciar o uso de tódolos aspectos da lingua inglesa, pero sobre todo á interacción entre os nenos e o entorno. O obxectivo é familiarizar aos nenos coa lingua, así como reforzar os aspectos gramaticais que xa coñecen.

Co  taller pretendemos  presentar o inglés dunha forma natural, dinámica e entretida, de carácter principalmente práctico, destinada a potenciar os aspectos lingüísticos e gramaticais, xa coñecidos polos rapaces, potenciando a súa aplicación  na comunicación oral.

OBXETIVOS

Conseguir que tódolos nenos se comuniquen en inglés, aplicando os recursos que xa posúen de maneira controlada e dirixida.

  • Ampliar o vocabulario esencial e as capacidades comunicativas.
  • Aprender a usar de modo natural estruturas típicas da lingua inglesa a través das      actividades propostas nas diferentes sesións.
  • Desenvolver a capacidade auditiva necesaria para entender o inglés e  familiarizaranse coa súa pronunciación.

CONTIDOS

Saúdos e rutinas diarias, presentacións ,aprendendo as horas e partes do día, descricións, o abecedario, os números, as cores e as formas , o corpo humano e os seus sentidos, a roupa,  as comidas e as bebidas, datas, o colexio , a casa, a familia e o tempo libre, o campo e os animais, a cidade e o transporte, movéndonos pola cidade, usando as formas verbais, aprendendo a preguntar.

A %d blogueros les gusta esto: