Proposta de actividades de formación musical

atempo.org@gmail.com,    986 844 104 – 659 474 352,    http://atempoescola.es
Praza A Castaña, 2 baixo  [ Pontevedra ]
Escola de Música está inscrita no Rexistro de escolas de Música e Danza da Xunta de Galicia co nº 36024033
CORO  –  CANTO  – TÉCNICA VOCAL
… apúntate e goza cantando, afecioados con ou sen experiencia, alumn@s, profesores e as súas familias …
Cantar en grupo  é  unha experiencia sumamente liberadora, ao ser a voz unha importante canle de comunicación, de expansión e expresividade. O obxectivo é liberar a propia voz. A  técnica vocal empregada é flexible e proporciona saúde e resistencia vocal. É válida para calquera estilo: heavy, rock, pop, jazz, renacemento, barroco, zarzuela, musical, clásico…, e moi útil para actores, profesores, e conferenciantes.
Contidos:
Consciencia Corporal e Respiratoria. Exercicios respiratorios e corrección postural. Relaxación e estiramentos de todo o sistema vocal: beizos, lingua, colo, ombros, mandíbula, padal brando…
Tonificación muscular do sistema vocal: abdome, cordas, intercostais, lingua, beizos… Relación aire-voz-corpo.
A voz como un fluír constante. “Permitir saír a voz”. Espontaneidade e flexibilidade vocal. Exercicios de focalización. O eixe da voz. Resoadores. Como espertar e activar estas cavidades de resoancia. Proxección sonora.
Escoita activa: Adestramento auditivo e lectura de partituras. Dicción correcta e dramatismo interpretativo. A voz como ferramenta e vía de desenvolvemento e mellora persoal.
HORARIO:  SÁBADOS         Prezo: 15 € mes
1º GRUPO :  11h00 a 12h30      2º GRUPO : 12h30 a 14h00
Inicio da actividade: Xaneiro 2013. Os días: 12, 19, 26 de xaneiro, 2, 9, 16, 23 de febrero, 2, 9, 16, 23 e 30 de marzo 6, 13, 20, 27 de abril, 4, 11, 18, 25 de maio, 1, 8, 15 e 22 de xuño

BANDA DE PERCUSIÓN
Este curso pretende proporcionar ao alumn@ unha inmersión dentro do mundo do ritmo e a percusión, tentando focalizar a enerxía do alumn@ na súa propia expresión á vez que colabora con outros compañeir@s na obtención dun son común.
HORARIO:  XOVES          Prezo: 18€ mes
16h30 a 18h00 [ nen@s de 6 a 12 anos ]    18h00 a 19h30 [ nen@s de 12 anos en adiante ]
1º Parte [  ano 2013 ] Introducción a percusión, percusión de mán, percusión clásica
10, 17, 24, 31 de xaneiro
7, 14, 21, 28 de febrero
7, 14  e 21  de marzo
2º Parte  [ano 2013 ] Percusión latina, percusión tradicional galega, batería
4, 11, 18, 25 de abril
9,16, 23, 30 de maio
6, 13 e 20 de xuño

A %d blogueros les gusta esto: