Conmemoración do día dos dereitos do neno/a por parte do Concello de Pontevedra

CONMEMORACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DO NENO/A POR PARTE DO CONCELLO DE PONTEVEDRA.

20 DE NOVEMBRO DE 2012

1.- Entrega dos premios do concurso “O Soño da Bolboreta”. Concurso de debuxos e relatos organizado pola Concellería de Benestar Social Municipal do Concello de Pontevedra e a Fundación Meniños, onde participaron os nenos e nenas dos colexios do concello, reflexionando sobre o dereito á educación.

Día: 20 de novembro

Lugar:Teatro principal de Pontevedra

Hora: 17.00 horas

2.- Contacontos “Antía, Wamba e o regato pequeno” da compañía A TROPA DE TRAPO, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Antía, Wamba e o regato pequeno está dirixida a público infantil e familiar, e conta a historia de dúas personaxes, Antía, unha nena galega, e Wamba un mozo do Congo que se busca a vida vendendo de todo na rúa. Os contos de Wamba e as merendas de Antía fundiranse nunha amizade que lle ensinará a Antía que compartir non é dar o que che sobra e que, como din na tribo de Wamba, o río énchese con regatos pequenos. …E así, cargados de historias, percorrerase a xeografía galega enteira (…que non é pouco!). Tamen por Extremadura, Andalucía e Cataluña, facendo soñar e reflexionar aos nenos, nenas, adolescentes e maiores que queiran achegarse a escoitar un conto.

Día: 20 de novembro

Lugar: Teatro principal de Pontevedra

Hora: 18.00 horas (duración 45-50 minutos)

A %d blogueros les gusta esto: