Exposición-Obradoiro de debuxo para nenos e nenas

Anabel Gaudioso, Antía Díaz, Soledad Ferreiro e Julia Ferradás , alumnas de Belas Artes, propoñen a exposición–obradoiro “ARTISTEA: proxecto artístico de e para os nenos e as nenas” .
Proxecto que consta dun obradoiro de debuxo e da exposición das obras que nel se realicen.
O obradoiro está pensado para un total de 20 nenos/as de idades entre 4 e 6 anos. Traballarán coas cores: vermello, verde, laranxa e azul e o seu traballo verase recompensado coa exposición das súas obras no vestíbulo da biblioteca do 17 de novembro ata o 15 de decembro

Data de realización do obradoiro: mércores 9 de novembro
Horario: 17:00 a 19:00 h.
Público: nenos/as de 4 a 6 anos
Lugar : Sala infantil
Prazas limitadas
Inscricións a partir do 2 de novembro:
– No correo-e: biblio.publica.pontevedra@xunta.es
– No tef. 986 850838 ou na biblioteca, 3ª planta de 9 a 14 h.
Exposición dos traballos do 17 de novembro ata o 15 de decembro no vestíbulo da Biblioteca Pública “Antonio Odriozola”.