Contos na Biblioteca Pública de Pontevedra

O venres 14 de outubro, na Biblioteca Pública de Pontevedra, unha nova sesión de conta contos: “Mariquiña, a carteira andoriña”.
Conto que achega aos nenos/as aos páxaros mais habituais da natureza galega (a andoriña, a gaivota, o paporroibo, a pomba, ocorvo mariño) e os espazos naturais onde habitan.
Recomendado para nenos/as de 4 a 8 anos.
Horario : 18:00 h
Lugar: Sala infantil.
Entrada libre. Aforo limitado.
Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola”
Rúa Alfonso XIII, 3
36002 Pontevedra