Obradoiro musical con creación de instrumentos para nenos/as

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza unha actividade de balde para fomentar o uso do galego, na que os participantes aprenderan a construír, con materiais cotiáns, sinxelos instrumentos de vento e percusión. Na segunda parte cantarán cancións tradicionais en galego. O obradoiro estará impartido por Xico de Cariño, da asociación Na Virada.

Obxectivos:
– Achegar aos máis pequenos á creación instrumental e musical en galego.
– Fomentar o traballo en grupo na nosa lingua dentro dun contexto lúdico.
– Recuperar e ensinar cancións populares en galego e formas de creación de instrumentos tradicionais.

Data e hora: sábado, 5 de novembro de 2011, ás 11h.
Lugar: local social do Gorgullón
Duración: 3 horas, cunha pausa na metade.
Número de prazas: 20 participantes (de 7 a 11 anos)

É preciso levar: botes de refrescos, briks, ou vasos de iogur, arroz, lapis e papel para a creación dos instrumentos

Cómpre inscrición:
– Por correo electrónico ao snl@pontevedra.eu
– Por fax ao 986 85 18 00
– Persoalmente no:

Concello de Pontevedra
Servizo de Normalización Lingüística
Rúa de Arcebispo Malvar, 1