Playing English – Inglés extraescolar

AS CLASES E O SEU FUNCIONAMENTO
-As clases son impartidas con dinámica de conversa, buscando por un camiño natural a aprendizaxe do idioma, sen traducións e sen tarefas para casa co fin de non recargar os actuais estudos dos alumnos/as.
-A partir dos 7 anos os/as alumnos/as poderanse presentar o exame internacional do LONDON TRINITY COLLEGE y CAMBRIDGE ESOL. Serán convocados  a unha reunión no mes  de febreiro para unha información máis detallada.
-Con este propósito, a partir do segundo curso os/as alumnos/as contarán con un libro para a preparación dos exames internacionais.Terá un custe de 18 € e serán informados da súa compra una vez que os alumnos estean adecuadamente situado no nivel correspondente.
-Contamos con profesorado especializado, asesorado e supervisado por a persoa  responsable deste proxecto lingüístico. As clase serán  complementadas   con visitas de profesorado nativo para una mellor exposición dos alumnos/as a diferentes matices da lingua inglesa.
-Trimestralmente os pais/nais/titores recibirán por escrito os resultados alcanzados polo/a alumno/a.
-Para calquera aclaración , ou desexo de coñecer a evolución do/a alumno, así como para concertar una entrevista coa profesora ou supervisora,  poden poñerse en contacto no teléfono: 673 43 85 97
Faremos unha reunión o vindeiro mércores día 21 de setembro dende as 20:00h  ate as  21:00h no Pazo da Cultura para informarlles de todo o referido á actividade.

INSCRICIÓNS
– A inscrición poderá ser  no correo electrónico: pontenglish@gmail.com  ou na oficina de FANPA PONTEVEDRA, na rúa Alfonso XIII, nº 7 3º andar (antigo conservatorio).
As datas de inscrición son do 22,23 e 26 de setembro, de 9:00h ás 14:00h.
-Poderán descargar a ficha de inscrición no web www.nontedurmas.org ou recollela na propia FANPA, será por rigoroso orden de inscrición.

Descargar_ficha_Playing_English

A %d blogueros les gusta esto: