A Consellería de Traballo e Benestar ten aberto xa o prazo de inscrición para o programa de campamentos para persoas con discapacidade 2011 que oferta máis de 300 prazas: 77 na quenda de integración e 250 na quenda específica, repartidas polas catro provincias galegas, para participantes de entre 9 e 40 anos.
O prazo para inscribirse remata o 20 de maio.