Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

Resolución do 25 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

Obxecto, réxime e convocatoria.
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras que se inclúen como anexo, que rexerán a concesión en réxime de concorrencia competitiva de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

Prazas.
Convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Duración.
As estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente
entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.

Condicións económicas.
Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos
para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.

Prazo de presentación das solicitudes.
1. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (12/03/11).

Enlace Doga

A %d blogueros les gusta esto: